Cómo liberar o potencial do voso neno
18,50€
Cómo liberar o potencial do voso neno é un libro práctico para os pais, con moitos consellos para pór en práctica co neno, actividades sinxelas con obxectos que é doado atopar pola casa e suxestións inspiradas nos principios de filosofía montessoriana, que considera que o cativo necesita un ambiente adicado a el e preparado con tento, con moitas actividades diferentes para que el mesmo escolla a máis axeitada segundo a súa necesidade de tocar, manipular, explorar con todos os sentidos, alimentando e sostendo a evolución natural do crecemento de cada pequeno.
Na primeira parte, a autora asenta un pouco as súas ideas sobre a mellor maneira de educar os nenos, explica os principios da filosofía Montessoriana, acompañándoos dunha xustificación que os apoia e describe os materiais necesarios para realizar as actividades que suxire o libro. Na segunda parte, propón actividades e consellos para estimulalos e axudar a que desenvolvan diversas destrezas de forma autónoma. En cada actividade explica cales son os seus beneficios, porque facela dun xeito e non doutro, os materiais precisos e a fase de desenvolvemento na que mellor pode funcionar.
Actividades inspiradas no método Montessori. 0-2 anos
Catro Ventos Editora
Hay existencias
Envíos
Los envíos tienen un tiempo de preparación de 1-2 días laborables tras hacerse efectivo el pago. A partir de ahí comienzan a contar 72hs laborables de plazo en el que la empresa de transporte te entregará tu pedido si es para la Península, ó 10-12 días laborables para el resto de destinos. El coste del envío dependerá del país de residencia. Te informaremos del coste exacto en el último paso de tu compra, cuando tengas que introducir tu dirección. Queremos que estés muy contento con tu compra, pero en caso de que no sea así, te ofrecemos la posibilidad de un cambio o devolución en un plazo de 10 días desde su entrega. Si necesitas más info sobre envíos y devoluciones, vete al apartado "envíos" que aparece en la parte superior izquierda de nuestra web. Ahí te contamos todo todito!!!